viernes, marzo 16, 2018

VIDEOCONFERENCIA COA ANTÁRTIDA


Este martes tivemos a oportunidade de contactar coa base militar Gabriel de Castilla, na Antártida.


Unha experiencia única e inolvidable, na que puidemos aprender sobre a vida nesa zona do planeta, e sobre os proxectos de investigación que alí están a levar a cabo.



Como somos moi curiosos, fixemos unha gran cantidade de preguntas, moitas en torno aos nosos proxectos do cole: a metereoloxía, a alimentación ,etc.






Ao final da videoconferencia, puidemos ver en directo os alrededores da base.

Gozamos moito desta experiencia!







viernes, marzo 09, 2018

METEOESCOLAS 2017-18

Xa estamos no mes de febreiro e chegounos a quenda de recollida de datos na nosa estación meteorolóxica. Este ano xa somos expertos, coñecemos o nome dos instrumentos meteorolóxicos que temos no cole e as magnitudes que miden. Durante 15 días á hora de entrar, pousamos as mochilas e imos ver a nosa garita. Observamos a temperatura máxima do día anterior e a mínima do actual así como a temperatura que hai nese momento. A continuación medimos a auga da chuvia que contén o pluviómetro se é o caso. Dirixímonos a entrada do cole para colocar os datos no taboleiro do proxecto Meteoescolas,  actualizamos os datos do día, mes, temperatura máxima e mínima pluviosidade e a fase na que se atopa o noso satélite, a Lúa Tamén tomamos nota da información que nos proporciona o barómetro e o higrómetro. Deste xeito toda a comunidade educativa pode estar informado do tempo "Made in Bueu"



Mentres isto ocorría. cos datos meteorolóxicos recollidos no noso colexio no mes de xaneiro de 2018 elaboramos unha gráfica que representaba nas barras as precipitacións recollidas e nas liñas vermellas que unen os puntos as temperaturas máximas e en cor azul as temperaturas mínimas.



O estudo da gráfica serviunos para comparar os datos recollidos cos datos que
correspondían coas temperaturas e precipitacións propias do noso clima. Concluímos que no mes de xaneiro as temperaturas máximas foron máis altas do que sería normal para o clima oceánico de Galicia e as precipitacións inferiores as que se debían esperar.

viernes, febrero 23, 2018

24 de febreiro, Día de Rosalía

O 24 de febreiro non é un día calquera no noso calendario. Celebramos con ledicia e orgullo o nacemento da Dama da Lingua Galega, Rosalía de Castro
Os nenos e nenas da escola abrímoslle as fiestras dos nosos corazóns e rendémoslle homenaxe con esta MENIÑA GAITEIRA  desde o noso BIBLIOCASTELO.

Mirade o ben que o fixemos!



lunes, febrero 12, 2018


Resultado de imaxes para carnaval



E POR FIN...CHEGOU O 
GRAN DÍA!!!


Co gallo do noso proxecto anual "UNHA ENCHENTE DE LIBROS", o tema do noso entroido tiña que ser algo saboroso, polo que o alumnado de sexto elaboramos con moito agarimo os nosos disfraces de cociñeiros e cociñeiras.

Resultado de imaxes para cocineros dibujos




Un ano máis, saímos a percorrer as rúas de Bueu ata chegar ao concello, onde cantamos as distintas cantigas na carpa que había instalada na praza.








viernes, enero 26, 2018

TEI

O programa TEI (Titoría entre iguais), é un programa de convivencia institucional que implica a toda a comunidade educativa. O seu obxectivo é mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias. 

O alumnado de 5º de primaria do noso centro, exercerá como titores dos seus compañeiros de 3º. O pasado venres fixemos unha xornada de convivencia no noso patio escolar. O obxectivo era presentar a todo o alumnado entre eles e coñecerse mellor. 

Falamos do respecto, da empatía e do compromiso de todos e todas para un bo funcionamento do programa. 

En ningún caso o programa TEI pretende ser a solución a todos os problemas de convivencia do centro, porén é unha boa estratexia para a xestión e resolución de conflictos entre iguais. 


E tras unha pequena presentación, realizamos un xogo cooperativo moi divertido con aros. 

























MIRADE QUE BEN O PASARON!




ESTIVO XENIAL!



martes, diciembre 19, 2017

VIDA SA

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistimos a unha charla coloquio no centro social de Bueu sobre a vida sa, presentada por María Corbacho, quen nos presentou o seu libro e nos contou a súa experiencia en torno á alimentación e os hábitos saudables, que mudaron o rumbo da súa vida.






Ler en GALEGO

Aquí bos deixamos algunhas boas ideas para agasallar nestas datas con lecturas e música en galego:


http://enredemosapedra.blogspot.com.es/2017/12/guias-de-lectura-de-nadal.html