Hoxe
recibimos na nosa escola unha visita moi especial, a da escritora María Reimóndez,
autora dun dos libros que lemos este ano os mozos e mozas de 6º.

Trátase de
Volvo! O regreso de Usha , unha novela xuvenil protagonizada por unha rapaza galega que vive na India coa súa nai, unha doutora que traballa nunha ONG.
Esta é, en
realidade, a segunda parte doutra que publicou no ano 2006 que leva como título
o nome da súa protagonista, Usha.
.jpg)
.jpg)
Unha historia coa que aprendemos, sobre todo, a descubrir unha forma diferente de observar a realidade,
unha maneira distinta de poñérmonos "na pel dos demais"..., outro xeito de escoitar, de vivir noutros lugares, noutras culturas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario