Este venres os alumnos e as alumnas de 6º rematamos a semana cunha sesión de Astronomía na aula de ciencia.
Os membros do CLUB DE ASTRONOMÍA DO IES
JOHÁN CARBALLEIRA viñéronnos invitar a descubrir o sorprendente e divertida que pode resultar a Física.
A
visita pareceunos do máis interesante, faláronnos de conceptos como os campos
electromagnéticos, dunha capa que protexe o noso planeta chamada magnetosfera, de
como esta nos resgarda dos trebóns solares e de cal é a súa relación coas
auroras boreais.
Levamos
a cabo varios experimentos como o de imantar unha agulla para facer dela un
compás.
Seguro
que o próximo curso algún de nós tamén se ha converter nun estudoso do
firmamento.
Moitas grazas pola experiencia, foi un pracer!
No hay comentarios:
Publicar un comentario