martes, abril 12, 2016

Cachiza


O pasado venres 8 de abril visitáronnos Chefa, Otero, Moital e Brión catro componentes da ¨Asociación Corredoiras¨ para ensinarnos como se xoga á Cachiza.
Comenzamos nada máis chegaren ao colexio. Primeiro participaron os mozos e mozas de 6ºB, logo os de 6ºA e rematamos a xornada cos de 5ºA e B xuntos.
Cando chegabamos onda eles, o primeiro que nos amosaban eran os paus cos que iamos xogar, un pau grande chamado pateiro e un pequeño, a cachiza. Logo, o terreo de xogo e ata onde tiñamos que intentar levar a cachiza. E despois, o sistema de xogo e a puntuación.
Unha vez que nos explicaron as normas básicas, puxémonos a probar como era iso de levantar e golpear a cachiza, para máis tarde poder xogar un par de roldas por equipos. Ao principio, custábanos un pouco picar o pau; pero despois dun par de intentos, todo ía rodado. Foi toda unha experiencia, pasámolo súper ben, tan ben, que a sesión se nos fixo curta.

 Grazas, pola vosa visita e paciencia. Ata a próxima!







































No hay comentarios:

Publicar un comentario