sábado, abril 16, 2016

OBRADOIRO DE ALFOMBRAS FLORAIS

Este venres, 15 de abril, os alumnos e alumnas de 5º e de 6º aprendemos un novo concepto: a arte efímera.
Chámanse  así aquelas obras que, polos materiais cos que están elaboradas (flores, fiúncho, codia de laranxa, cuncha de croque … ou outros elementos de orixe orgánica) e polo lugar onde se plasman (as rúas da vila), non perduran no tempo.

Este é o caso das alfombras de flores que cada ano engalanan as nosas rúas o día de Corpus. Á parte da fermosura de seu, teñen de especial o encanto do labor feito en común, da aprendizaxe oral, da sabedoría popular … Varias xeracións dunha mesma sociedade compartindo traballo e lecer, tecendo o  pasado e o futuro do noso patrimonio cultural.

Nesta ocasión, recibimos a visita de Rafa e de Ata en representación da ASOCIACIÓN DE ALFOMBRAS DE BUEU. Explicáronnos  a orixe desta tradición, da que na nosa vila hai constancia desde hai moitos anos. Ademais,  faláronnos de que existen outros lugares en España e en Europa nos que tamén se confeccionan. 

 
Para rematar, tivemos a sorte de poñer en práctica o aprendido. Rafa e Ata prepararan uns deseños da cara CASTELAO a escala e os materiais necesarios para cubrilos. 





 
Velaquí tendes unha mostra do traballo realizado.















 Foi unha visita educativa, dinámica e divertida ! MOITAS GRAZAS!
Este ano todos participaremos na festa!


No hay comentarios:

Publicar un comentario