jueves, junio 28, 2018
A NOSA VILA: BUEU TEN MOITO QUE OFRECER
O alumnado de sexto estivo traballando ao longo deste terceiro trimestre nun proxecto sobre Bueu.
Partimos da busca de información en diferentes fontes como páxinas web, folletos publicitarios, libros, revistas, e incluso algunha entrevista .
Despois destas primeiras pescudas, organizámonos en grupos de expertos , poñendo así en práctica o traballo cooperativo. Fixemos unha selección de toda a información e posterior tratamento e redacción.
Unha vez finalizada esta primeira fase, iniciamos o proceso de elaboración do vídeo no que queriamos dar a coñecer un pouco máis a nosa vila, e todo o que nos ofrece.
Porque: "Bueu ten moito que ofrecer".
Desexamos que gocedes do noso produto final.
martes, junio 19, 2018
CUADRANGULAR DE BELUSO
Un ano máis o CEIP de Montemogos, convidounos a celebrar a súa Semana Cultural cun cuadrangular de fútbol. E así foi como o venres 25, tan pronto chegamos ao colexio, saímos cara a Beluso todos nerviosos, un grupo formado por tres nenos, tres nenas e un porteiro en representación do noso colexio. Nada máis chegar coñecemos aos rapaces dos outros centros: CEIP de Cela, CEIP de Montemogos e o da Colexio d Virxen Milagrosa
Os primeiros en xogar fomos nós, cos anfitrións e resolvemos bastante ben
a pesar de que non tiñamos todas con nós, porque eles partían como claros
favoritos. A continuación xogaron os da Virxen Milagrosa con Cela. Logo
novamente Cela con Montemogos. Despois Virxen Milagrosa con A Pedra nun partido
moi reñido. Posteriormente Montemogos con Virxen Milagrosa, o que nos permitiu descansar
un pouco e coller folgos. Finalmente,
para rematar a xornada, xogamos contra
Cela.
Cando acabamos todos os partidos, convidáronnos a uns boliños de leite, que nos souberon a gloria coa “lareca” que tiñamos despois de tanto correr detrás do balón. Foi unha mañá intensa e con moitos nervios, pero ao final pagou a pena. Gozámolo un montón.
GRAZAS ao CEIP de Montemogos polo súa invitación
Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.
lunes, junio 11, 2018
Por qué vai máis calor no verán se a Terra está máis lonxe do Sol?
Aínda
que nun principio poida sonar contraditorio,
a Terra atópase máis lonxe do Sol no verán que no inverno.
Falamos, iso si, do verán e do inverno no hemisferio norte. Agora
ben, como é posible isto se o Sol é a gran fonte de calor do
planeta azul?.
Para
responder a esa pregunta, os nenos e nenas de 5º de primaria,
levamos a cabo, ao longo deste curso escolar, un novo traballo para o
proxecto das METEOESCOLAS.
Puxémoslle por título: A
influencia dos raios solares na Terra
Para
poder saber como inciden os raios do Sol no noso planeta, medimos
todos os martes
do curso escolar que nos foi posible, ás 12,30
da mañá, a sombra que producía un dos paus da portería de
balonmán que temos no patio do recreo do colexio e anotamos os datos
nunha táboa. Comezamos a tomar nota destas medicións o 19 de
setembro. Estas son as medidas que obtivemos e a gráfica que realizamos con elas para observalos mellor:


No mes de maio, xa con moitos datos das sombras acumulados, buscamos información que tiña que ver co que queriamos investigar:
1.-Órbita
da Terra arredor do Sol. Observamos que é unha órbita
elíptica, e destacamos o perihelio
(menor distancia do Sol, ocorre nos primeiros días do mes de
xaneiro, inverno no hemisferio norte ) e o
afelio
(maior distancia do Sol, coincide cos primeiros días do mes de
xullo, verán no hemisferio norte) . Pero,
como explicamos que cando o Sol está máis lonxe da Terra e
precisamente no verán cando máis calor recibe?
2.-
Movemento de rotación
da Terra e o seu eixe
de rotación inclinado 23,5º.
3.-
Solsticios: momento no que os raios do
Sol inciden perpendicularmente ou no Trópico de Cáncer ( coincide
co verán no hemisferio norte) ou no Trópico de Capricornio
(coincide co inverno no hemisferio norte). Isto fai que se produza a
noite máis longa e o día máis curto (solsticio de inverno) ou o
día máis longo e a noite máis curta (solsticio de verán)
4.-
Equinoccios, momento no que os raios
solares inciden perpendicularmente sobre o ecuador terrestre. Neste
momento o día e a noite teñen a mesma duración.
Con toda esta información, repartimos por equipos o traballo para realizar un mural no taboleiro da clase e así poder observar todos os datos con maior claridade. A un lado , colocamos unha lenda coa información relativa a cada un dos elementos estudados; mentres que no centro, debuxamos a órbita elíptica que realiza a Terra cando xira arredor do Sol; colocamos o perihelio, distancia máis curta entre o noso planeta e a nosa estrela; e o afelio, distancia máis longa entre a Terra e o Sol. Ademais, engadimos letreiros cos meses do ano repartidos ao longo da órbita elíptica e, ao seu carón, as datas de de observación da sombra e a súa medida. Tamén situamos as estacións do ano e démonos conta de que non se producen de forma simultánea en todos os lugares do planeta.
-
As estacións
do ano.
-
os equinoccios
de primavera e outono
-
O
solsticio
de inverno
![]() |
Mural 5ºB |
Analizamos
a gráfica con atención e observamos que:
-
Dende a primeira medida, o 19 de setembro, a sombra foi medrando ata
chegar a data máis próxima ao solsticio de inverno ,19 de decembro.
A partir dese punto, a sombra empezou a minguar .
-
As datas máis próximas aos equinoccios, 19 de setembro e 20 de
marzo, presentan unha sombra de dimensións moi similares.
-
A partir de aquí tratamos de saber cal sería
o momento do
ano
no que a sombra ía
ser máis curta. Despois
de examinar os datos con atención, cremos
que vai ser no solsticio
de verán; momento
a partir do cal,
a sombra comezará a medrar ata chegar ao
solsticio de inverno e repetirá
outra vez o mesmo camiño.
-
O eixe de rotación da Terra está inclinado entre 22 e 24 graos
dando lugar ás estacións e por iso o
Sol non quenta por
igual todos os lugares da Terra.
Isto dá lugar ás distintas zonas
climáticas da Terra: cálida,
temperada
e fría.
Na
Terra notamos máis calor
cando os raios do Sol
caen de forma perpendicular;
razón pola cal,
a
sombra proxectada
é máis
pequena. Este
feito no hemisferio norte coincide co verán, aínda
que neste período a Terra se atopa máis lonxe do Sol que no
inverno.
Para concluír o traballos os nenos e nenas realizaron un traballo por equipos ordenando toda a información e facendo unha exposición oral ao resto dos seus compañeiros.
De seguido presentamos algúns dos traballos realizados polos distintos equipos das dúas aulas de 5º de primaria.
Para concluír o traballos os nenos e nenas realizaron un traballo por equipos ordenando toda a información e facendo unha exposición oral ao resto dos seus compañeiros.
De seguido presentamos algúns dos traballos realizados polos distintos equipos das dúas aulas de 5º de primaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)