martes, junio 19, 2018


CUADRANGULAR DE BELUSO

Un ano máis o CEIP de Montemogos, convidounos a celebrar a súa Semana Cultural cun cuadrangular de fútbol. E así foi como o venres 25, tan pronto chegamos ao colexio, saímos cara a Beluso todos nerviosos, un grupo formado por  tres nenos, tres nenas e un porteiro en representación do noso colexio. Nada máis chegar coñecemos aos rapaces dos outros centros: CEIP de Cela, CEIP de Montemogos e o da Colexio d Virxen Milagrosa




Os primeiros en xogar fomos  nós, cos anfitrións e resolvemos bastante ben a pesar de que non tiñamos todas con nós, porque eles partían como claros favoritos. A continuación xogaron os da Virxen Milagrosa con Cela. Logo novamente Cela con Montemogos. Despois Virxen Milagrosa con A Pedra nun partido moi reñido. Posteriormente Montemogos con  Virxen Milagrosa, o que nos permitiu descansar un pouco e coller folgos. Finalmente, para rematar a xornada, xogamos contra  Cela.



Cando acabamos todos os partidos, convidáronnos a uns boliños de leite, que nos souberon a gloria coa “lareca” que tiñamos despois de tanto correr detrás do balón. Foi unha mañá intensa e con moitos nervios, pero ao final pagou a pena. Gozámolo un montón. 

GRAZAS ao CEIP de Montemogos polo súa invitación

Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario