jueves, junio 28, 2018

A NOSA VILA: BUEU TEN MOITO QUE OFRECER




O alumnado de sexto estivo traballando ao longo deste terceiro trimestre nun proxecto sobre Bueu.
Partimos da busca de información  en diferentes fontes como páxinas web, folletos publicitarios, libros, revistas, e incluso algunha entrevista .
 Despois destas primeiras pescudas, organizámonos en grupos de expertos , poñendo así en práctica o traballo cooperativo.  Fixemos unha selección de toda a información e posterior tratamento e redacción.
Unha vez finalizada esta primeira fase, iniciamos o proceso de elaboración do vídeo no que queriamos dar a coñecer un pouco máis a nosa vila, e todo o que nos ofrece.

Porque: "Bueu ten moito que ofrecer".

Desexamos que gocedes do noso produto final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario