Como xa sabemos todos, o aniversario de Papirus é o 24 de outubro, día das bibliotecas escolares. Como se trata dun polbo moi viaxeiro, este ano non puido estar connosco pero contounos que quedou marabillado coas cidades polas que pasou e os seus museos. Por iso, pediunos que este curso demostraramos que somos uns verdadeiros artistas. Para motivarnos, invitou á profe Olalla para que nos contara un conto "O cadro máis bonito do mundo". Pasámolo moi ben! Aquí vos deixamos a sesión de contacontos.
lunes, octubre 27, 2014
domingo, octubre 26, 2014
DESCUBRE A NOSA REALIDADE!
O
pasado venres, 24 de outubro, tivemos oportunidade de participar nunha
actividade interesantísima. Baixamos á praza do Concello para ver unha
exposición de fotos organizada pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de
Galicia (ACADAR).
Tratábase dunha exposición moi peculiar. Caracterizábase pola combinación de varios
elementos:
· A SÚA FORMA E O SEU TAMAÑO. As
fotos estaban dispostas nas caras de varios cubos xeométricos de gran tamaño
colocados estratexicamente diante do Concello.
· AS SÚAS PROTAGONISTAS. Todas elas
presentaban diferentes situacións da vida diaria de mulleres con discapacidade
ou con mobilidade reducida.
· OS VERSOS. En cada un dos cubos, a
poesía uníase ás imaxes pechando cada idea e invitando á reflexión, espertando
conciencias.
· O DINAMISMO. Contamos cunha guía de
excepción que nos axudou a observar e “DESCUBRIR A NOSA REALIDADE” dunha forma activa
e divertida, pero ao mesmo tempo, reflexiva. Ademais, soubemos que se trataba da
psicóloga Hadriana Ordóñez Otero, autora dos versos que formaban parte da
exposición (os autores das fotos son Anxo Resúa Calo e Martín Pérez Fernández).
Foi
unha actividade para medrar por dentro, para converternos en cidadáns e cidadás
implicadas, para abrirmos os ollos a unha realidade invisible, o dobre desafío
de ser muller e vivir cunha discapacidade física, superando barreiras ás que
moitas veces hai que engadir contextos de violencia e maltrato físico e
psicolóxico.
Noraboa
ao Concello de Bueu e á Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia , ACADAR, por esta iniciativa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)