Esta semana vivimos na escola máis movemento do habitual (que xa é dicir...!).
Despois de dous meses traballando na redacción dos guións cinematográficos, tivemos oportunidade de descubrir como se grava unha película de verdade!
Para a ocasión, contamos cun equipo de profesionais coordinados por Ramón Torrente, director da rodaxe e do proxecto "Expresarte!", promovido pola Deputación Provincial e o CIM (Centro de Información ás Mulleres) do Concello de Bueu, dentro do programa de actividades destinadas a previr a Violencia de Xénero entre a mocidade.
A verdade é que non é nada doado. Hai que se concentrar para non mirar á cámara, para non facer ruído mentres se grava... A vida dos cineastas non é tan fácil como se ve desde fóra.
A verdade é que non é nada doado. Hai que se concentrar para non mirar á cámara, para non facer ruído mentres se grava... A vida dos cineastas non é tan fácil como se ve desde fóra.
Cámaras, cables por todas partes, micrófonos... claqueta e... RODANDO!!! SILENCIO!!!... ACCIÓN!!!
Foi unha experiencia que nunca esqueceremos!
Unha aperta moi forte para Ana, Brais e Ramón! Moitas grazas pola vosa paciencia!
No blog do noso Bibliocastelo poderedes ler a noticia. Clicade no enlace para vela.
Tamén na páxina web do concello.