O pasado 18 de xuño viaxamos ata A Coruña. Pasámolo xenial!!! Despois de máis dúas horas de traxecto chegamos ao planetario onde nos esperaban varios pisos de actividades e experimentos. Logo, tivemos unha sesión de cine 3D relacionada coa arte. Chamábase "A noite estrelada" e personaxes de pinturas e esculturas famosas ían contando particularidades sobre o universo. Entrementres, tomamos algo nos arredores porque xa estabamos mortiños de fame...
Subimos ao autobús e dirixímonos cara o Domus. Alí, atacamos os tuppers e comemos todos xuntos gozando dunha marabillosa vista ao mar... Unha vez rematado, visitamos as diferentes salas onde puidemos ver xogos interactivos e curiosidades sobre o ser humano.
Os ataques de fame volveron e non nos quedou máis remedio que buscar unha xeadería... En canto o autobús aparcou, todas as miradas se dirixiron á furgoneta do xeado...Obxectivo conseguido! Xa tiñamos forzas para dar unha volta e achegarnos á Torre de Hércules. Pechada por mor do vento, tivemos que conformarnos con ollala desde fóra e facer algunha que outra foto de recordo. Outra vez será...
|
|
This photo slideshow generated with Smilebox |
Mostrando entradas con la etiqueta EXCURSIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXCURSIÓN. Mostrar todas las entradas
martes, junio 30, 2015
A NOSA GRAN AVENTURA
domingo, junio 14, 2015
EXCURSIÓN FIN DE CURSO- 6º DE PRIMARIA ( Albergue O Rexo - Allariz - 8, 9 e 10 de xuño de 2015)
Este pasado mércores, ás 10 da noite, os rapaces e rapazas de 6º
regresamos da nosa excursión de fin de curso.
Pasamos tres días en Allariz, no albergue da Fundación Ramón González
Ferreiro, situado no
lugar de Paciños.
Foron tres días intensos de diversión a rabiar, cheos de actividades e xogos do máis interesantes. Practicamos tiro con arco, bañámonos no río Arnoia,
visitamos a vila de Allariz, coñecemos a súa Historia, xogamos na piscina
municipal e aprendemos que é unha RESERVA DA BIOSFERA no Centro de Educación
Ambiental O Rexo, onde Carlos, o educador medioambiental, nos explicou en que consiste a súa riqueza
natural e que fai deste, un lugar tan especial. Alí coñecemos a Ebrima, o pastor
que coida das ovellas. Co leite que dan, fan un queixo riquíííííííííííííííísimo!
Todo estaba moi ben organizado e sentímonos como na casa. Tratáronnos
con con todo o mimo do mundo e desde aquí queremos darlles as grazas e
mandarlles unha aperta ben forte a todos e a todas; ao grupo de monitores dirixido
por Aldara e formado por: María, Ali, Gabriela, Adri e Marcos; ao equipo de
administración, integrado por Mila, Chon e Bernardo, a Carlos, o biólogo, a
Corona, que se encargaba de que todo estivese ben limpo e a Belén, a cociñeira, que
nos preparaba uns pratos.... para lamber os dedooooos! TODOS SON SIMPATIQUÍSIMOSSSSSSSSS
E AMABILÍSIMOSSSSSSSSSSSSSSSSS!
Por certo, ORGANIZAN CAMPAMENTOS DE VERÁN. Este é o enderezo:
ANIMÁDEVOS! VEREDES
QUE PAGA A PENA, PASARÉDELO EN GRANDE!!!!
Velaquí vos deixamos algunhas imaxes para que vexades que é
certo o que contamos!
Etiquetas:
EXCURSIÓN,
FIN DE CURSO
lunes, diciembre 10, 2012
A GRANXA KIRIKO
O luns da semana pasada os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixemos unha excursión á granxa Kiriko. Pasamos todo o día facendo actividades: investigando, facendo tiro con arco, carreiras de relevos ou vendo os animais. Estivemos acompañados por outro grupo de nenos e nas da zona de Pontevedra e compartimos xogo e comida con eles. A verdade é que estivo moi ben e esperamos voltar pronto! Fixádevos que vistas tan fermosas!
Aquí tendes un cachiño dunha das actividades que propuxeron na granxa.
martes, junio 05, 2012
DIARIO DA EXCURSIÓN...
Hai apenas uns día, os rapaces e rapazas de 5º e 6º voltamos da nosa excursión de fin de curso. Estivemos 4 días por Barcelona.
O 1º día visitamos os arredores da Sagrada Familia, canta xente! non puidemos entrar porque había moita cola pero, a nosa guía, explicounos brevemente o significado das fachadas.
Despois, fomos ata o Parque Güell. Que bonito! A Gaudía encantábanlle as liñas onduladas! Que pena que na época ninguén quixo comprar unha casa aquí. Parecen casas de contos infantís.
Dirixíndonos cara o restaurante, pasamos diante doutros edificios de Gaudí merecentes de ser vistos: A casa Batlló e a Pedrera.
Despois de comer, vimos unha película en 3D no cine IMAX. Que medo! Podiamos tocar os dinosaurios coas mans!!!! Ao rematar, dirixímonos cara o hotel, en Salou, e puxémonos a remollo.
O 2º día non tivo nada que envexar ao primeiro por que fomos a PORT AVENTURA. Recorremos todo o parque en busca de emocionantes atraccións. Os profes tamén se animaron (aínda que as fotos non o demostren). A media mañá, vimos un espectáculo hawaiano no que algúns de nós nos atrevemos a bailar. Cansadiños, voltamos para o hotel a iso das 8 da tarde tras mercar un par de detalles para as familias. Que ben!
O 3º día foi sen dúbida o noso favorito. Volvemos a Port Aventura pero neste caso á parte acuática. Subimos, baixamos, volvemos subir e volvemos baixar ata cansar. Pola noite, despois de cear, estivemos practicando coreografías. Estamos feitos uns bailaríns de categoría!!! As probas... neste vídeo.
O último día, xa coas maletas feitas, visitamos o zoo de Barcelona. Ao rematar, despedímonos de Barcelona e voltamos para casa. A medianoite, estaban as nosas familias esperándonos e ese fin de semana durmimos, durmimos, durmimos, durmimos...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)