Mostrando entradas con la etiqueta Programa TEI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Programa TEI. Mostrar todas las entradas

sábado, marzo 04, 2017

ENTROIDO TEI

Facendo honor ao PROGRAMA TEI o alumnado de 5º e o de 3º  decidiu unirse para celebrar o entroido.
Como este curso O CINE é o centro de interese que traballamos no centro, escolleron a película de HARRY POTTER. 
Así os nenos e nenas de terceiro de primaria transformáronse neste personaxe, mirade que guapos e guapas estaban!!!





Os rapaces e rapazas de quinto vestíronse de DUMBLEDORE e MINERVA personaxes que fan de mestres e protectores do neno mago.




Percorreron as rúas de Bueu xuntos, baixo a pancarta: "A maxia do cine, únenos" fortalecendo o seu vínculo de amizade.






Na Praza do Concello entonaron ao unísono a CANTIGA creada para a ocasión.



Aquí vos deixamos un video resumo dese gran día:

jueves, febrero 02, 2017

ENTREGA DIPLOMAS TEI

O 30 de xaneiro os rapaces e rapazas de 5º de primaria recibiron o seu DIPLOMA DE NOMEAMENTO como titores/as nun acto ao que asistiu todo o alumnado e profesorado de Primaria. 


Os titorandos de 3º levaban globos de cores cando nos reunimos todos no patio da escola.


Tamén contamos coa presenza do Alcalde de Bueu, Félix Juncal,  da Concelleira de Educación, Teresa López e da asesora do CEFORE, Anabel Lareo, que foron is encargados de facer entrega dos DIPLOMAS aos nenos/as de quinto.



Como remate final Titores e titorandos xuntos, soltaron os globos como símbolo de amizade e compromiso de mellora da convivencia.



Foi un acto moi emotivo e entrañable que puxo en marcha a labor dos protagonistas deste programa, o alumnado de 5º e o de 3º . Estamos convencidos de que con esforzo e implicación van acadar  un gran éxito.

martes, enero 31, 2017

PRESENTACIÓN DE TITORES-TITORIZADOS ("PROGRAMA TEI")

Este ano, o noso cole embarcouse nun novo proxecto:


"TITORÍA ENTRE IGUAIS: PROGRAMA TEI"

Este proxecto, busca mellorar a convivencia no centro, resolver os conflitos, e favorecer as relacións para así previr a  violencia e o acoso escolar.
Os protagonistas son o alumnado de quinto que titorizan ao alumnado de terceiro de primaria.
Este alumnado, tras ter unhas xornadas de información e formación, protagonizou o pasado mércores, 25 de xaneiro, unha experiencia moi emotiva. Cada alumno e alumna de quinto, titor ou titora, coñeceu ao seu titorizado ou titorizada, alumno ou alumna de terceiro.
Reuníndose primeiro na biblioteca e na sala de uso múltiples entrevistáronse mutuamente:
 Alumnado de 5º B entrevistando aos seus titorizados de 3ºB
Alumnado de 5ºA entrevistando aos seus titorizados de 3ºA

Posteriormente saíron todos ao patio. Primeiro os titores e titoras serviron de lazarillos e guiaron aos titorizados como se  se tratase de persoas invidentes polo patio.
Remataron o día facendo un xogo por parellas, no que as gargalladas foron as principais protagonistas:

Este proxecto, transmítenos esencialmente un gran optimismo. Un mundo mellor é posible, e estas rapazas e rapazas están moi concienciados. 
No seguinte vídeo poderedes ver máis imaxes deste inesquencible día.