miércoles, octubre 26, 2016

Un SAMAÍN de aluCINE...!



Velaí ven o Samaín!!!!
Que medo!!!! Un ambiente terrorífico se apodera da nosa escola...!!!  Todo é arte e diversión!!!

A ver se atopades a vosa no mural!!!


E que dicir das cabazas... As máis sorprendentes personaxes e referencias ao cine!!  QUE ARTISTAS!!!

 

 

 



AS PEGADAS DO TEMPO

AS PEGADAS DO TEMPO
Como xa sabedes, este curso imos vivir un ano de cine e por iso, a semana pasada fixemos unha excursión de película!
Fomos pescudar as pegadas dos nosos antepasados a través do tempo…
Había un mes que na clase de Ciencias Sociais estabamos a estudar con Elena a aparición dos primeiros seres humanos no planeta, como se adaptaron para sobrevivir e como, ao longo dos séculos, foron evolucionando ata xurdiren as primeiras grandes civilizacións.
Así que, despois de moito traballar na aula, tivemos a oportunidade de descubrir os restos que hoxe se conservan de épocas tan lonxanas.
No MUSEO DE PONTEVEDRA repasamos os tres grandes períodos en que se divide a Prehistoria:
O Paleolítico ou Idade da Pedra Tallada
O Neolítico ou Idade da Pedra Pulida
A Idade dos Metais
Alí recibimos a visita do Deputado Provincial de Cultura, Xosé Leal, que veu interesarse polas actividades que estabamos a levar a cabo, xa que A Deputación patrocinaba o seu desenvolvemento.



Contamos coa axuda duns magníficos guías que resultaron ser nada menos que arqueólogos!
 

 Ensináronnos unha chea de restos arqueolóxicos, mesmo un tesouro! O de Caldas, unha morea de pulseiras, colares e torques de ouro que disque pesan arredor duns 15 quilos!


Aprendemos como vivían os castrexos antes e despois de que chegasen os romanos, que lle puxeron ás nosas terras o nome de Gallaecia.



Da Hispania Romana vimos estelas funerarias, miliares, espadas de guerreiros, restos de ánforas de cerámica...
 
Tamén, dous esqueletos atopados no xacemento arqueolóxico da Lanzada, onde aínda seguen a investigar!
Ao mediodía, metémonos outra vez no autobús rumbo a Campo Lameiro para coñecer o Centro Arqueolóxico de Arte Rupestre no que, despois de xantar e xogar un anaco, aprendemos a aplicar técnicas de investigación de auténticos arqueólogos para analizar PETRÓGLIFOS! Gravados feitos nas rochas hai miles de anos polos nosos antepasados! Uns representan cervos e escenas de caza e outros son figuras xeométricas, espirais... cuxo significado aínda non se coñece con claridade.








 
 




Estivemos dentro dunha réplica dunha palloza!!









Despois da merenda, un dos arqueólogos do centro fíxonos unha demostración de como facían lume os homes prehistóricos.


Foi unha excursión do máis interesante!!!