sábado, abril 23, 2016

ATLETISMO



 PROMOCIÓN DO ATLETISMO EN PISTA

O día 20 de Abril saímos cedo do colexio e con moita inquietude por ir  visitar unha pista de atletismo de verdade. Para moitos era a primeira vez que pisaban unha e para outros, o lugar onde entrenan co seu clube.

 Todo comenzou cando a mamá dunha rapaza do colexio nos comentou que se ía organizar esta actividade nas pistas de atletismo de Cangas e días máis tarde, chegou un correo no que nos confirmaba a realización das mesmas. 

Puxemos mans á obra: montamos os equipos coas indicacións que nos deron, buscamos información  sobre as distintas probas, visualizamos diferentes vídeos e... practicamos:

 lanzamentos




                                         
                                                                saltos 




                                                               relevos



 E o resultado de todo foi unha  xornada ESTUPENDA 




MOITAS GRAZAS ao programa XOGADE e o CLUBE

ATLETISMO MORRAZO. 

  por contar con nós. 

sábado, abril 16, 2016

OBRADOIRO DE ALFOMBRAS FLORAIS

Este venres, 15 de abril, os alumnos e alumnas de 5º e de 6º aprendemos un novo concepto: a arte efímera.
Chámanse  así aquelas obras que, polos materiais cos que están elaboradas (flores, fiúncho, codia de laranxa, cuncha de croque … ou outros elementos de orixe orgánica) e polo lugar onde se plasman (as rúas da vila), non perduran no tempo.

Este é o caso das alfombras de flores que cada ano engalanan as nosas rúas o día de Corpus. Á parte da fermosura de seu, teñen de especial o encanto do labor feito en común, da aprendizaxe oral, da sabedoría popular … Varias xeracións dunha mesma sociedade compartindo traballo e lecer, tecendo o  pasado e o futuro do noso patrimonio cultural.

Nesta ocasión, recibimos a visita de Rafa e de Ata en representación da ASOCIACIÓN DE ALFOMBRAS DE BUEU. Explicáronnos  a orixe desta tradición, da que na nosa vila hai constancia desde hai moitos anos. Ademais,  faláronnos de que existen outros lugares en España e en Europa nos que tamén se confeccionan. 

 
Para rematar, tivemos a sorte de poñer en práctica o aprendido. Rafa e Ata prepararan uns deseños da cara CASTELAO a escala e os materiais necesarios para cubrilos. 





 
Velaquí tendes unha mostra do traballo realizado.















 Foi unha visita educativa, dinámica e divertida ! MOITAS GRAZAS!
Este ano todos participaremos na festa!


martes, abril 12, 2016

Cachiza


O pasado venres 8 de abril visitáronnos Chefa, Otero, Moital e Brión catro componentes da ¨Asociación Corredoiras¨ para ensinarnos como se xoga á Cachiza.
Comenzamos nada máis chegaren ao colexio. Primeiro participaron os mozos e mozas de 6ºB, logo os de 6ºA e rematamos a xornada cos de 5ºA e B xuntos.
Cando chegabamos onda eles, o primeiro que nos amosaban eran os paus cos que iamos xogar, un pau grande chamado pateiro e un pequeño, a cachiza. Logo, o terreo de xogo e ata onde tiñamos que intentar levar a cachiza. E despois, o sistema de xogo e a puntuación.
Unha vez que nos explicaron as normas básicas, puxémonos a probar como era iso de levantar e golpear a cachiza, para máis tarde poder xogar un par de roldas por equipos. Ao principio, custábanos un pouco picar o pau; pero despois dun par de intentos, todo ía rodado. Foi toda unha experiencia, pasámolo súper ben, tan ben, que a sesión se nos fixo curta.

 Grazas, pola vosa visita e paciencia. Ata a próxima!