Un
ano máis, como cada 25 de novembro, asistimos ao acto de celebración do Día
Internacional da Non Violencia Contra As Mulleres que organiza o CIM (Centro de
Información á Muller) do Concello de Bueu.
Son
diversas as actividades que desde este organismo se levan a cabo para fomentar
a implicación cidadá nun drama que afecta a todos os sectores da sociedade.
Destaca,
entre elas, o certame de carteis, no que, tamén como cada ano,participaron os
nosos alumnos e alumnas do terceiro ciclo. Neste caso, o obxectivo é
espertar a conciencia dos cativos e
cativas e dos mozos e mozas de hoxe, que han ser os homes e as mulleres de
mañá.
Ademais
das intervencións institucionais por parte da directora do CIM, dona Monserrat
González; da concelleira de Igualdade, dona Ana Isabel Otero; e do alcalde, don
Félix Juncal; o acto estivo presidido pola actuación dun grupo de nenos e nenas
do colexio de A Torre, Cela, que levaron a escena unha dramatización na que
unha princesa tomaba as rendas da súa liberdade fronte a un controlador
“príncipe azul” e que culminaba cunha
declaración de intencións e unha invitación aos nenos e nenas de hoxe a
construíren un mundo máis xusto como homes e mulleres de mañá.
Rematou
a conmemoración coa entrega de galardóns.
Na categoría de Ensino Primario os traballos
presentados polo noso alumnado destacaron especialmente.
1º PREMIO:
·
Carla
Alfaya Portela, de 6º A
Mencións Especiais:
·
.Inés
Brión Martínez, de 5º A
·
.Teo
Calvar Parada, de 6º A
·
.Giuseppe
González Fernández, de 6º A.