O programa TEI (Titoría entre iguais), é un programa de convivencia institucional que implica a toda a comunidade educativa. O seu obxectivo é mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias.
O alumnado de 5º de primaria do noso centro, exercerá como titores dos seus compañeiros de 3º. O pasado venres fixemos unha xornada de convivencia no noso patio escolar. O obxectivo era presentar a todo o alumnado entre eles e coñecerse mellor.
Falamos do respecto, da empatía e do compromiso de todos e todas para un bo funcionamento do programa.
En ningún caso o programa TEI pretende ser a solución a todos os problemas de convivencia do centro, porén é unha boa estratexia para a xestión e resolución de conflictos entre iguais.
E tras unha pequena presentación, realizamos un xogo cooperativo moi divertido con aros.
MIRADE QUE BEN O PASARON!
ESTIVO XENIAL!