Con este retrouso ben coñecido por todos, os profes que demos clases en 6º este curso queremos despedirnos dos nosos alumnos e alumnas que tanta satisfacción nos deron. Queremos darlles as grazas a eles e as súas familias pola despedida tan emotiva que nos ofreceron a todos.
lunes, junio 25, 2012
martes, junio 05, 2012
DIARIO DA EXCURSIÓN...
Hai apenas uns día, os rapaces e rapazas de 5º e 6º voltamos da nosa excursión de fin de curso. Estivemos 4 días por Barcelona.
O 1º día visitamos os arredores da Sagrada Familia, canta xente! non puidemos entrar porque había moita cola pero, a nosa guía, explicounos brevemente o significado das fachadas.
Despois, fomos ata o Parque Güell. Que bonito! A Gaudía encantábanlle as liñas onduladas! Que pena que na época ninguén quixo comprar unha casa aquí. Parecen casas de contos infantís.
Dirixíndonos cara o restaurante, pasamos diante doutros edificios de Gaudí merecentes de ser vistos: A casa Batlló e a Pedrera.
Despois de comer, vimos unha película en 3D no cine IMAX. Que medo! Podiamos tocar os dinosaurios coas mans!!!! Ao rematar, dirixímonos cara o hotel, en Salou, e puxémonos a remollo.
O 2º día non tivo nada que envexar ao primeiro por que fomos a PORT AVENTURA. Recorremos todo o parque en busca de emocionantes atraccións. Os profes tamén se animaron (aínda que as fotos non o demostren). A media mañá, vimos un espectáculo hawaiano no que algúns de nós nos atrevemos a bailar. Cansadiños, voltamos para o hotel a iso das 8 da tarde tras mercar un par de detalles para as familias. Que ben!
O 3º día foi sen dúbida o noso favorito. Volvemos a Port Aventura pero neste caso á parte acuática. Subimos, baixamos, volvemos subir e volvemos baixar ata cansar. Pola noite, despois de cear, estivemos practicando coreografías. Estamos feitos uns bailaríns de categoría!!! As probas... neste vídeo.
O último día, xa coas maletas feitas, visitamos o zoo de Barcelona. Ao rematar, despedímonos de Barcelona e voltamos para casa. A medianoite, estaban as nosas familias esperándonos e ese fin de semana durmimos, durmimos, durmimos, durmimos...
sábado, mayo 19, 2012
CHARLANDO CON FINA CASALDERREY
O día 15 de maio, Fina Casalderrey visitounos no cole. Tanto os de 5º como os de 6º estivemos moi atentos ao que nos contaba.
Charlamos sobre os ingredentes para ser escritor onde destacou a SENSIBILIDADE a través dunha breve historia que nos contou. Tamén destacou a forza que teñen as palabras.
Trala lectura dos libros, os rapaces e rapazas de 5º fixemos un mural e os de 6º indagamos un pouco sobre a vida da autora e fixemos un Glogster. Trátase dunha aplicación que permite realizar pósters moi vistosos podendo introducir imaxes e vídeos. Este é un exemplo.
Clica no póster para amplialo!!
Que? Gústavos? Se queredes facer un glogster é moi fácil, entrade na páxina www.glogster.com e seguide as instrucións.
I RIDE A BIKE
O xoves día 10, os rapaces e rapazas de 6º de A Pedra fomos a un singular concerto en Vigo.
Durante varias semanas a profe Luísa ensinounos unha serie de cancións de Dani Griffin.
Dani Griffin é un apaixonado da música; artista e mestre, trata de difundir a importancia de explotar a música nas aulas para unha aprendizaxe máis divertida.
Aquí podedes escoitar a canción enteira: I ride a bike. Se vos gusta, escoitades outras clicando aquí.
Durante varias semanas a profe Luísa ensinounos unha serie de cancións de Dani Griffin.
Dani Griffin é un apaixonado da música; artista e mestre, trata de difundir a importancia de explotar a música nas aulas para unha aprendizaxe máis divertida.
A continuación, podedes ver un fragmento dun dos seus concertos noutro cole colgado en youtube. Que vos parece? Nós pasámolo xenial!!!!!
Aquí podedes escoitar a canción enteira: I ride a bike. Se vos gusta, escoitades outras clicando aquí.
sábado, abril 14, 2012
O SEGREDO DE MATT GROENING
Hai uns día o autor de series animadas como os Simpson e Futurama desvelaba o segredo máis esperado: a vila que lle inspirarou Springfield. Nembargantes apenas hai unhas horas que o propio autor desdixo o que afirmara!! Ao parecer el só afirmou que lle puxo o nome de Springfield porque era un dos máis usados no estado de Oregón (E.U.A) pero que nunca mencionou que se basara nunha vila en concreto para a serie. Así que... teremos que seguir investigando. Deixámosvos uns enlaces interesantes sobre os Simpson.

Clica nesta imaxe para ver un vídeo da noticia dos Simpson en Antena 3

Clica na imaxe para ler a última noticia sobre os Simpson
viernes, abril 13, 2012
GRANDES PERSOEIROS A TRAVÉS DA HISTORIA
Como actividade final dos temas de historia, o alumnado de 6º escollemos distintos persoeiros que nos resultaban coñecidos para investigar porque e en que época destacaron. Os nomes que soaron foron do máis variopinto: Arquímedes, Joan Miró, Da Vinci, Isaac Peral ou Marie Curie. De momento, deixámosvos esta pequena mostra sobre Joan Miró. Menudo traballo!
View more presentations or Upload your own.
domingo, abril 01, 2012
O DÍA DAS BROMAS
Hai miles de anos en Francia, o aninovo era o 1º de abril. O rei Carlos IX decide introducir o calendario gregoriano que sinalaba o 1º día do ano en xaneiro, tal e como o coñecemos hoxe en día. Tralo cambio de data, moita xente reacia e outra despitada seguiu celebrando a festa en abril. Para rirse deles, o resto da poboación facíalles "regalos" de broma e de aí que o día 1º de abril quedase en Francia como o día das bromas. Ese día, os nenos e nenas recortan un peixe de papel e tratan de pegarllo á xente nas costas sen que se dean conta; se o conseguen, esa persoa pasará todo o día co peixe colgado, e bérrase"Poisson d' avril".
Tras escoitar isto, os rapaces e rapazas de 6º fixemos o deseño dun peixe para celebrar o día. Podedes ver aquí os nosos traballos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)