Ademais, recibimos ás súas Maxestades os Reis Magos no cole. Antes de nos dar un pequeno agasallo, algúns rapaces e rapazas animáronse cantando unha panxoliña.
domingo, enero 06, 2013
O NADAL NA PEDRA
lunes, diciembre 10, 2012
A GRANXA KIRIKO
O luns da semana pasada os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixemos unha excursión á granxa Kiriko. Pasamos todo o día facendo actividades: investigando, facendo tiro con arco, carreiras de relevos ou vendo os animais. Estivemos acompañados por outro grupo de nenos e nas da zona de Pontevedra e compartimos xogo e comida con eles. A verdade é que estivo moi ben e esperamos voltar pronto! Fixádevos que vistas tan fermosas!
Aquí tendes un cachiño dunha das actividades que propuxeron na granxa.
domingo, noviembre 25, 2012
Hoxe, 25 de novembro, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
Cada ano, os mozos e mozas do terceiro ciclo da nosa escola participan no Concurso de Carteis que convoca o CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Bueu.
Nesta ocasión, como na edición anterior, compartimos convosco a nosa ledicia de contar entre o noso alumnado coas autoras do 1º PREMIO, MARÍA BROCOS JUNCAL de 5º A
e dunha MENCIÓN ESPECIAL, ISAURA FRAMIL DE AMORÍN de 6º B, respectivamente, na categoría de Ensino Primario.
Parabéns ás galardoadas e a todos os rapaces e rapazas que participaron nesta actividade de concienciación cidadá, poñendo cadanseu gran de tolerancia para cultivarmos un futuro de igualdade.
sábado, noviembre 24, 2012
A BANDA DE BUEU
Onte tivemos o privilexio de recibir no cole á Banda de Música de Bueu. O director foi presentando os tipos de instrumentos e fomos escoitando como soaban. Ademais, puidemos ver rapaces e rapazas que estudaron no centro. Que alegría levamos!
|
Make a free picture slideshow
Algúns compañeiros ata se atreveron a facer de directores da orquestra!
|
miércoles, noviembre 14, 2012
OLLOS DE AULA
Imaxe sacada de http://davidov3.blogia.com/ |
O mes pasado naceu unha nova revista mensual "Ollos de aula". Nela todas as familias poderedes ver noticias e novidades relacionadas coa educación, cos hábitos, cos estudos e tamén coa lingua galega. Esta iniciativa parte dende a coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística que ten o obxectivo de fomentar o emprego da lingua galega a través de diversas actividades e creación de recursos. Supón un apoio para todos os centros, tanto públicos como concertados, de dinamizar nos seus centros o idioma. Como vedes xa temos o mes de outubro e de novembro colgados na marxe.
O MAGOSTO
A semana pasado todo o cole celebrou o Magosto. Xogamos, comemos castañas e queimamos os nosos medos para que desapareceran grazas a unha apócema. Dende facía algún ano resultábanos imposible participar nos xogos tradicionais porque chovía pero esta vez, conseguímolo! Aquí vos deixamos algunha mostra dese día.
|
|
This free picture slideshow customized with Smilebox |
Etiquetas:
CONMEMORACIÓNS
martes, noviembre 06, 2012
CONCERTOS EN FAMILIA
Este domingo 4 de novembro foi un día especial para os nenos e nenas de 1º e 3º de primaria posto que foron os diseñadores dos debuxos que ilustraron os contos musicados de Pedro e o lobo e O veado florido. Foi estupendo! Mentres soaba a orquestra, aparecían os debuxos e o narrador ía contado a historia. Por sorte para os que non o sabiades, deixámosvos un pequeno vídeo de cada conto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)