miércoles, junio 19, 2019

Meteoescolas

Proxecto interdisciplinar de Meteoescolas

No meses de maio e xuño e como proxecto interdisciplinar de fin de curso, os distintos grupos de traballo do alumnado de 6º de primaria realizaron unha investigación sobre a Meteoroloxía.

jueves, mayo 09, 2019

XORNADAS DE ATLETISMO


O pasado 30 de abril, participamos nunhas xornadas de atletismo nas pistas municipais de Cangas.
Foi un día moi interesante e divertido no que realizamos diferentes probas;  nos animamos uns a outros; coñecemos xente nova doutros coles; e fortalecemos os nosos lazos como equipo.







martes, marzo 12, 2019

Experiencias na nova aula de Ciencias

Na última semana de febreiro os nenos e nenas de 6º estreamos a nova aula de ciencias.



Tiñamos preparada unha sesión na que expuxemos as presentacións en Impres que fixeramos sobre os diferentes aparatos que interveñen na función de nutrición.

viernes, marzo 01, 2019

SACHACONTOS


O alumnado de quinto de primaria tivemos a oportunidade de gozar do novo obradoiro de Tarabelos: "Sachacontos".
Puxemos a nosa imaxinación a voar e sachamos incribles historias.










viernes, febrero 22, 2019

Rosalía, dama da lingua, esencia nosa!

O vindeiro domingo, 24 de febreiro, conmemoraremos o nacemento de Rosalía de Castro e tampouco nós queremos deixar pasar o día sen poñer o noso granciño de area para reivindicar o orgullo de sermos galeg@s, de compartir a gratitude sentida a esta MULLER FORTE E VALENTE, DE IDEAS CLARAS E VERSO SENSIBLE!
Recitamos xunt@s PARA A HABANA, crónica da emigración a Cuba, da inevitable contradición que supón o desgarro de separarse da familia e da terra para procurar un futuro esperanzador, que deixa tras de si un ronsel de soidades.













viernes, febrero 01, 2019

SAÍDA PAZO DE MONTERO RÍOS E AREEIRO






Aquí vos deixamos a mostra do ben que o pasamos no Pazo de Montero Ríos.


lunes, octubre 01, 2018

ECOPARQUE MARÍN


A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN:
ECOPARQUE DE MARÍN

Este ano comezamos o curso cunha saída moi "aventureira", na que gozamos moito.
Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos.