No meses de maio e xuño e como proxecto interdisciplinar de fin de curso, os distintos grupos de traballo do alumnado de 6º de primaria realizaron unha investigación sobre a Meteoroloxía.
Para realizar este tarefa establecemos as seguintes pautas:
1º. Repasamos a información que nos proporcionan os distintos aparellos meteorolóxicos de que dispoñemos no colexio. Se había algunha dúbida consultabamos na WEB para resolvela:
2º Con toda a información seleccionada elaboramos un informe explicando as características de cada un dos aparellos meteorolóxicos. Neste proceso indicamos o nome, a función que desmpeñan e o tipo de información que proporcionan.
3º Os distintos grupos foron recollendo diariamente na caseta meteorolóxica os datos proporcionados polos aparellos meteorolóxicos que anotábanos no taboleiro das Meteoescolas.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhR4-ItRRLdkllJ3gBGqhlomLHJy16BVTYoti4h3MZ9cACb5oOm3jNpR8hDLasBJTfz_gZWR4u4cMJY2aK8OXs9ynshMERy5IjSi8fas0GAOrMnL71fwCd1k2es7bAjkbtqbhK_FQD7UmTq/s320/recollida6.png)
4º Cos datos meteorolóxicos recollidos dende o mes de setembro no noso colexio elaboramos táboas sobre as precipitacións de cada mes e as medias sobre:
As temperaturas máximas.
As temperaturas mínimas.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEieq4DF0QcJjKS8QHWIeX91Fl6r3c6To5zk-WAGN9Vg4XENmf9dor8-Zwxp_Jv09Bs2-GSDhwJVFa2fEYhN8meVcVMZaj-8xpffGwrjPIvsf5qT7MS_L31eFRFLCXe1CAqOvk6KYfV5ydlX/s400/cadro1.png)
5º Por último, con eses datos elaboramos climogramas que quedaron expostos nos taboleiros das clases.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiPdrYMwv3PLWjKPo7mrSKZLS6MEMgcXPARS4qeLJo-bXwuhv6N1GB1mHGS3-Y-8BHGS9VWrIROcGzUv4uk9lg2tBalsNvmdXPJZ7SGqU3SVAHHSqaaWoPut9b_UicOkny4LUnS_HPc0kJH/s400/climo3.png)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi-pXR-ruWeA1tkPTiK1Me1-Dxs7h08niJytaS070VyE0PIg-IX3NvjqJLeg3Nb5gHXgVIw1VRgU4Xf7RjUOPPw9hpI1zoOWQTxbhiqnKEsfaDaCJYHSx2g6J9-hZmbreg-3KMDmUNuTZ7w/s400/climo4.png)
Con este proxecto interdisciplinar traballamos as áreas de lingua galega, matemáticas e ciencias naturais, amosando con el o nivel de desenvolvemento acadado das distintas competencias básicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario