8 de marzo, DÍA
INTERNACIONAL DA MULLER
Onte, asistimos á entrega
dos premios do Concurso de Carteis que convoca o Concello de Bueu para celebrar
o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
O acto estivo presidido polo
Sr. Alcalde, D. Félix Juncal, que nos falou da importancia de fomentar valores
como a igualdade de oportunidades que nos permitan construír entre todos unha
sociedade máis xusta.
Catro alumnas do 3º ciclo da
nosa escola recibiron senllas mencións especiais polos traballos cos que
participaron. Velaquí están.:
MARÍA BROCOS JUNCAL-5º A, ICÍA ESCRIBANO CABALEIRO-5º B, ISAURA FRAMIL
DE AMORÍN-6º B e MARTA NOGUEIRA PASTORIZA-6º B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario