Como xa anunciaramos en días pasados, hoxe, 25 de novembro,
celebrouse no Concello o acto institucional do DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS
MULLERES.
A cerimonia tivo lugar no salón de plenos e foi presidida pola
corporación municipal así como por dúas representantes do CIM .
Comezou a reunión gardando un minuto de silencio en memoria da
máis recente víctima de violencia de xénero, que esta mesma fin de semana
faleceu a mans da súa exparella.
Seguidamente, un grupo de alumnas e alumnos do IES Johan
Carballeira representou unha breve dramatización que contaba a historia dunha
princesa maltratada. Nesta ocasión, a protagonista lograba saír do seu inferno,
grazas ao apoio da súa familia, dos seus amigos e amigas e ao labor de
protección desenvolvido polas institucións.
Finalmente, tivo lugar a entrega de premios no que as nosas
mozas de 3º ciclo recolleron os seus respectivos galardóns.
1º premio de Educación Primaria: CARLA ALFAYA PORTELA, de 5º A
moi ben!!!! sodes tod@s uns artistas
ResponderEliminar