Como cada ano, o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Bueu convocou o concurso de carteis co gallo do DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
Esta actividade, programada para o alumnado dos centros educativos de toda a vila, enmárcase na campaña de concienciación cidadá dirixida a toda a sociedade.
Representantes do xurado manifestaron a súa satisfacción polo elevado número de participantes, así como pola calidade dos traballos presentados.
Os mestres e mestras de A Pedra felicitamos os mozos e mozas da nosa escola , cuxos carteis mereceron un papel destacado na categoría de Ensino Primario.
Estes foron os resultados:
1º PREMIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
Carla Alfaya Portela, de 5º A
María Brocos Juncal, de 6ºA
Icía Escribano Cabaleiro , de 6º B
Ola son Icía!!
ResponderEliminarQue ben o pasamos hoxe Carla, María máis eu...
Foi xenial ver a obra de teatro que fixeron os da ESO e Bacharelato! Que ben lles saíu!!
E tamén gustounos ver os demais carteis; todos xeniais, porcerto...
♥♥♥ATA A PRÓXIMA!!!♥♥♥