A semana pasada fomos de visita a Pontevedra e realizamos dúas actividades. A primeira levounos ao Conservatorio onde asistimos á representación dun teatro de monicreques amenizado con música. Era unha historia de amor que parecía imposible: os sentimentos dun monicreque de luva cun de mesa. Finalmente, todo remata e os dous poden vivir felizmente tras superar a envexa do brigadier, personaxe que trata de namorar a María, e o seu propio pai.
Logo, estivemos merendando ao abrigo porque empezou a chover. Como rematamos pronto decidimos esperar a chegada dos trens!! Parecía unha festa!!
Ás 12h10 marchamos rumbo o Museo de Pontevedra para visitar a parte de Prehistoria e Idade Antiga. Que emocionante! Encantounos ver os petroglifos e divagar sobre o que podían representar. Tamén nos impactou a forma de enterrar os defuntos na época antiga e a tradición de soterralos con obxectos seus e o coquetos que eran. Menudas xoias!
Tesouro Caldas Museo de Pontevedra. |
Tesouro dos Foxados Museo de Pontevedra |
No hay comentarios:
Publicar un comentario