O pasado venres, 30 de maio, mestres/as e rapaces/as de 5º fomos de excursión á fermosa cidade de A Coruña.
Antes de contarvos o ben que o pasamos, queremos darlles as grazas á profe Goretti e ao profe Suso, porque sen a súa compañía esta viaxe non sería igual. Moitas grazas, de verdade. Querémosvos!
Visitamos tres museos: O Acuario Finisterrae, A Domus ,ou Casa do Home, e a Casa das Ciencias.
Primeiro estivemos no acuario, onde vimos cómo lles daban de comer ás focas e unha simpática guía nos contou moitas curiosidades sobre distintas especies mariñas. Antes de rematar baixamos á Sala Nautilus para contemplar os fondos mariños e coñecer a Gaston, un tiburón que trouxeron de Francia.Antes de contarvos o ben que o pasamos, queremos darlles as grazas á profe Goretti e ao profe Suso, porque sen a súa compañía esta viaxe non sería igual. Moitas grazas, de verdade. Querémosvos!
Visitamos tres museos: O Acuario Finisterrae, A Domus ,ou Casa do Home, e a Casa das Ciencias.
Cando xa era mediodía, dirixímonos á Domus, onde nos tiñan reservadas unhas mesas para xantar a cuberto. Coa tripa xa chea, gardamos as mochilas nunha consigna e iniciamos toda unha aventura repleta de experimentos relacionados cos misterios que agocha o corpo humano.
Ás catro e media, entramos na Casa das Ciencias. Alí tamén nos agardaban unha morea de experimentos divertidísimos para aprender xogando as máis serias leis da Física.
Resultou moi emocionante. Había tanto que ver, tanto que experimentar, tanto que aprender, que probablemente necesitariamos outro día máis para aproveitar mellor a visita.
Antes de regresar a casa, merendamos nun parque fabuloso, o de Santa Margarita.
EXCURSIÓN Á CORUÑA , 30 DE MAIO DE 2014 - Movie Maker
Ás nove do serán estabamos de volta, diante do cole, onde nos agardaban as nosas familias.
PASARÁMOLO XENIAL!
No hay comentarios:
Publicar un comentario