lunes, diciembre 29, 2014

MARCHAMOS DE VACACIÓNS

  Xa rematou o primeiro trimestre e para despedirnos, as profes organizaron un taller de arte onde iamos crear entre todos un cadro baseado na artista buenense Rosa Elvira Caamaño. Primeiro estivemos lendo sobre ela e descubrimos que é unha persoa que estudou moito, participou e gañou premios tanto en España como en Italia, onde traballou un tempo. Despois, as profes distribuíronnos por grupos e cada un era o encargado de realizar un tipo de flor de papel ou cartolina. 





     A medida que tiñamos moitas flores feitas, fomos montando o noso cadro e engadindo elementos como froitas e animais, imitando así o orixinal. Sabedes algo? Quedáronnos xeniais! As profes dixeron que eran obras feitas por verdadeiros artistas.


     Mais a mañá non rematou aí porque baixamos ao patio e ao voltar estivemos merendando... Que rico estaba todo! Ademais, visitáronnos rapaces e rapazas que estiveran no cole o ano pasado e quedaron connosco un ratiño. Algunhas rapazas cantaron unha canción e tocaron a guitarra e o violín para nós. Foi un momento moi especial!



Vémonos en xaneiro!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario