Nesta ocasión, veu para falarnos de Un hotel en la bahía, unha novela xuvenil que forma parte da
colección Pizca de sal da Editorial
Anaya e que garda relación directa co tema central do proxecto de biblioteca
deste curso: A ARTE.
Trátase dunha historia de misterio e aventuras que transcorre
durante unhas vacacións de verán nunha vila costeira do Cantábrico. O escenario
principal é un hoteliño familiar instalado nunha casa de indianos de principios
do século XX.
O protagonista, Jorge, un rapaz de doce anos que acaba de
fracturarse un pé, está convencido de que vai pasar as peores vacacións da súa
vida. Pero todo cambia cando coñece a Blanca, a neta da dona do hotel. A moza revélalle
un secreto: está convencida de que no hotel se agocha un cadro que contén a
clave para descubrir un valioso tesouro artístico e pídelle que a axude a atopalo.
Ana contounos que a idea para o argumento desta novela se lle ocorreu
porque o seu fillo sufriu unha fractura no fémur a comezos dun verán e iso obrigounos
a cambiaren os plans para aquelas vacacións.
Explicounos que ademais de ser unha grande amante da lectura,
tamén lle gustan moito a Historia e a Arte., razóns polas cales lle resultou especialmente
agradable inventar esta novela.
Así mesmo, invitounos a reflexionar sobre a evolución do comportamento
dos personaxes, sobre a importancia de “ter a mente aberta e non deixarse levar
polos prexuízos”.
Animounos a seguir lendo porque “a lectura é unha forma de
asomarse ao mundo” e desvelounos que un pai amante da lectura, unha casa chea
de libros e o gusto por viaxar sementaron nela o desexo de ler e a necesidade
de escribir. Desde ben cedo, compoñía poemas e inventaba historias que cos anos
, foi gardando como un tesouro persoal.
Aos dez anos, fixo a súa primeira “publicación” na revista
escolar que de maneira artesanal editaban no seu colexio.
Aos dezanove, sendo estudante de Bioloxía, presentouse a un
concurso de poesía que gañou e cuxo premio supuxo a primeira publicación oficial
dunha obra súa. Tras este, habían chegar moitos máis.
Nós contámoslle que lemos o seu libro entre todos, na clase, e que ademais de proporcionarnos momentos de diversión e intriga, tamén nos dou pé para falar e investigar sobre temas tan interesantes como A Guerra Civil Española; así como para descubrir a grandes artistas de todos os tempos coma Monet (casualmente, un dos seus pintores preferidos) ou obras tan peculiares coma os ovos de Fabergé.
Nós contámoslle que lemos o seu libro entre todos, na clase, e que ademais de proporcionarnos momentos de diversión e intriga, tamén nos dou pé para falar e investigar sobre temas tan interesantes como A Guerra Civil Española; así como para descubrir a grandes artistas de todos os tempos coma Monet (casualmente, un dos seus pintores preferidos) ou obras tan peculiares coma os ovos de Fabergé.
En sinal de gratitude, entregámoslle algúns dos traballos que inspirou o seu libro: narracións ambientadas en cadros famosos como “A noite estrelada”, de Vang Gogh; “O estanque dos nenúfares”, de Monet ou “Paseo á beira do mar”, de Sorolla.
Antes de partir, asinounos o libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario