martes, febrero 03, 2015

CHARLAMOS CON RAMÓN

Hoxe tivemos a sorte de contar de novo con Ramón que nos trouxo un video sobre estereotipos de xénero. Nel, un neno desexa bailar e atópase na clase de ballet con todas as nenas que se estrañan e se mofan. No festival de fin de curso, Fabio, o protagonista, interpreta unha coreografía e arrinca os aplausos do público.
Por outro lado, aparece unha rapaza amante do fútbol entre un equipo composto por nenos. Como vai cumprir doce anos, o adestrador dille que non poderá xogar o curso que ven porque non pode compartir vestiario cos rapaces. Os seus compañeiros deciden recoller sinaturas para apoiala e que se abra outro vestiario.
O vídeo remata mostrando aos dous protagonistas de adultos, que resultan ser irmáns, charlando cos seus pais e manifestando o triste que é non poder dicirlle a alguén o que che gusta facer, que nada non pode condicionar. Agora, eles marcan a diferenza, Fabio como profesor de ballet e Xenia como adestradora...
Tralo vídeo estivemos debatindo un pouco acerca da igualdade, dos papeis que se lle atribúen a homes e mulleres, da popularidade de determinados deportistas masculinos en detrimento das mulleres. Foi moi interesante!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario