COMO
SE FAI UNHA PELÍCULA?
Onte
baixamos ao centro social do mar para asistir a unha conferencia sobre o
proceso de creación e distribución dunha película.
Tivemos
a sorte de contar coas explicacións de MANUEL PENA, director do FESTIVAL INTERNACIONAL
DE CURTAMETRAXES (FIC) DE BUEU e coa colaboración dos seus compañeiros LORENA
SANMARTÍN E IGNACIO CUBERO.
Aprendemos
que o proceso de produción dun filme é moito máis longo e custoso do que nos
imaxinamos. Antes de que sentemos na sala do cine son moitas as persoas
(guionistas, actores, directores, fotógrafos, cámaras modistos, maquilladores,
perruqueiros, técnicos de son...) , que
levan a cabo este traballo que se desenvolve en tres fases:
- PREPRODUCIÓN: nesta parte do proceso, redáctase o guión, e en base a el, búscanse os actores, actrices; así como o director ou directora, ...Tamén é o momento no que se procura financiamento, pídense permisos necesarios para rodar en interiores ou exteriores ...
- RODAXE: consiste en transformar o guión en imaxes, é a gravación da actuación dos actores e actrices. É necesario telo todo previsto : vestiario, maquillaxe, cámaras, focos, efectos especiais.
O que máis sorprendente é que as
escenas non se rodan seguindo a orde do argumento; senón que se fai en función
do lugar e o momento do día que se
queiran gravar.
- POSPRODUCIÓN: É o momento de montar a película, ou sexa, de ordenar as escenas. Engádense as voces, o sons de ambiente, a voz en of ( no caso de que haxa un narrador), a banda sonora...
Unha vez montada, hai que darlle
moita publicidade (en carteis, nos xornais, na tele...)a fin de que o público a
coñeza e queira ir vela, e Buscar salas de cine nas que proxectala...
A partir de agora, cando sentemos
nunha sala de cine a ver unha película, entenderemos mellor por que custa tanto
a entrada e valoraremos máis todo o traballo que hai detrás. Isto tamén nos
servirá para espertar as conciencias dos que nos rodean para explicarlles que
piratear películas prexudica a unha chea de persoas.
Foi
unha sesión do máis interesante!
MOITAS
GRAZAS, MANU, LORENA E IGNA !