Vaites, que experiencia tan positiva!
Nós, que presumimos de que nas clases seleccionamos o lixo, como
bos ecoloxistas de pro; que tomamos conciencia da importancia de non maltratar
máis este pobre planeta ensuciando a súa atmosfera, as súas praias e bosques nin
malgastando a súa auga e recursos naturais; hoxe tivemos a fortuna de recibir
unha clase práctica sobre o proceso de produción do compost, de man de Agustín Vidal, MESTRE COMPOSTEIRO que coordina
o programa posto en funcionamento NOS CONCELLOS DO MORRAZO pola DEPUTACIÓN DE
PONTEVEDRA e grazas ao cal nas vilas podemos darlles aos residuos orgánicos que
xeneramos, un tratamento respectuoso co medio ambiente e produtivo desde o
punto de vista económico e social. CANDO TRABALLAMOS EN EQUIPO BENEFICIÁMONOS
TODOS!
Baixamos desde a escola ata o composteiro situado nos xardíns
Urbano Lugrís e alí, Agustín nos explicou as diferentes fases en que se
desenvolve; así como os coidados que require este labor.
Divertímonos peneirando o compost resultante para conseguir un máis fino destinado, por exemplo, á xardineiría.
FOI UNHA ACTIVIDADE INTERESANTE, EDUCATIVA, DINÁMICA E
DIVERTIDA!
Ao rematar, regaláronnos unha bolsiña de papel con compost para levar para casa e un diploma de MESTRA ou MESTRE ou COMPOSTERIÑO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario