PROGRAMA METEOESCOLAS
Neste
curso o alumnado do CEIP plurilingüe A Pedra de Bueu, dentro do programa
Meteoescolas e a modo de proxecto de fin de etapa levaron a cabo un traballo
interdisciplinario onde interviñeron as áreas de Lingua Galega, Ciencias
Sociais, Ciencias Naturais e Matemáticas. Utilizaron como instrumento de
aprendizaxe significativo o traballo cooperativo, distribuíndose o alumnado en
equipos de 3 ou 4 compoñentes. Deste xeito traballaron os estándares de aprendizaxe que tiñan relación con:
O tempo atmosférico, instrumentos que serven para
observalo, a garita meteorolóxica, a Lúa, factores que modifican o clima, os
climas de España, os fenómenos meteorolóxicos, a formación das nubes, acción
do home no medio natural, necesidade de coidar o medio natural, os espazos
protexidos.
Ademais, organizaron en táboas as precipitacións
mensuais recollidas cos datos observados polo alumnado na garita meteorolóxica
do colexio nos 5 primeiros meses deste ano
e tamén calcularon as medias mensuais das temperaturas máximas e mínimas.
Con toda esta información elaboraron e interpretaron un climograma comparándoo
cos datos meteorolóxicos históricos de Bueu.
Tendo en conta que en expresión escrita estudaran a
análise e redacción de textos
xornalísticos, presentaron a modo de reportaxe a información recollida que acompañaron con imaxes.
Todos os traballos colocáronos no taboleiro de
cadansúa clase para posteriormente podelos gravar e traballar así os estándares
de aprendizaxe de expresión oral.
Todas e todos puxeron o mellor de seu e aínda que á
hora de gravar houbo quen se puxo nervioso e
se equivocou, confiamos en que saberedes desculparnos.
E velaí vai o resultado de tanto traballo. Que o
desfrutedes!
Bueno , este curso xa remata e con el a primaria , como nai de Mateo gustariame agradecervos todo a voso traballo cos nosos fillos , sodes unha base moi importante na sua formación cara o seu futuro ,sempre os lembraremos GRAZAS
ResponderEliminar