CUADRANGULAR DE BELUSO
Un ano máis o CEIP de Montemogos, convidounos
a celebrar a súa Semana Cultural cun cuadrangular de fútbol. E así foi como o
venres 25, tan pronto chegamos ao colexio, saímos cara a Beluso todos nerviosos,
un grupo formado por tres nenos, tres
nenas e un porteiro en representación do noso colexio. Nada máis chegar coñecemos
aos rapaces dos outros centros: CEIP de Cela, CEIP de Montemogos e o da Colexio d Virxen Milagrosa
Os primeiros en xogar fomos nós, cos anfitrións e resolvemos bastante ben
a pesar de que non tiñamos todas con nós, porque eles partían como claros
favoritos. A continuación xogaron os da Virxen Milagrosa con Cela. Logo
novamente Cela con Montemogos. Despois Virxen Milagrosa con A Pedra nun partido
moi reñido. Posteriormente Montemogos con Virxen Milagrosa, o que nos permitiu descansar
un pouco e coller folgos. Finalmente,
para rematar a xornada, xogamos contra
Cela.
Cando acabamos todos os partidos,
convidáronnos a uns boliños de leite, que nos souberon a gloria coa “lareca”
que tiñamos despois de tanto correr detrás do balón. Foi unha mañá intensa e con moitos
nervios, pero ao final pagou a pena. Gozámolo un montón.
GRAZAS ao CEIP de
Montemogos polo súa invitación
Deixámosvos algunhas fotos para que
vexades o ben que o pasamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario