jueves, marzo 14, 2013

RECITANDO A ROSALÍA

    O 24 de febreiro, coincidindo coa data de nacemento de Rosalía de Castro,  celebrouse o cento cincuenta aniversario da publicación de Cantares Gallegos. O cole quixo ofrecerlle unha homenaxe aprendendo algúns dos seus poemas. Podedes atopar os vídeos doutras clases a través dos blogues ou en youtube.
Aquí vos deixamos o poema de "San Antonio bendito". 

           

lunes, marzo 11, 2013

OS DETERMINANTES MOLAN!

Este é un libro interactivo para repasar os determinantes en 5º.

sábado, marzo 09, 2013

8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Onte, asistimos á entrega dos premios do Concurso de Carteis que convoca o Concello de Bueu para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

O acto estivo presidido polo Sr. Alcalde, D. Félix Juncal, que nos falou da importancia de fomentar valores como a igualdade de oportunidades que nos permitan construír entre todos unha sociedade máis xusta.
 
 
Na presentación, un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO do Colexio Virxe Milagrosa dramatizou con monicreques, unha breve adaptación da obra de Tomie de Paola titulada “Oliver Button é unha nena”; moi adecuada para a ocasión.

Catro alumnas do 3º ciclo da nosa escola recibiron senllas mencións especiais polos traballos cos que participaron. Velaquí están.:
 
MARÍA BROCOS JUNCAL-5º A,  ICÍA ESCRIBANO CABALEIRO-5º B, ISAURA FRAMIL DE AMORÍN-6º B e MARTA NOGUEIRA PASTORIZA-6º B.
 
 

domingo, febrero 24, 2013

DENDE BUEU CON AMOR...

    Hai un par de semanas, o noso amigo Papirus estaba lendo un conto e, de súpeto, preguntouse qué pasaría se os personaxes cambiasen de escenario... e que pasaría se Brancaneves se namorase de Peter Pan... o Gato con botas da Ratiña presumida...Os alumnos e alumnas de 5º probamos a escribir cartas de amor entre os personaxes de distintas historias. Quedaron fantásticas!!! 



    Ademais, dado que coincidiu co día dos namorados, tamén pensamos que vos gustaría escoitar unha balada, non? Traémosvos o famoso Gagnam style en versión romántica. 




martes, febrero 12, 2013

ALICIA NO COLE DAS MARABILLAS

    Con este lema na pancarta dos de 3º ciclo empezamos o Entroido.  Despois dos preparativos á primeira hora da mañá,  partimos cara  Infantil a buscar aos pequerrechos do cole que encabezaban a marcha cara o Concello. Moitas fotos fixeron ao noso paso pois iamos moi guapos: os de Infantil de porquiños, os de primeiro ciclo de Pinocho e Peter Pan, os de segundo ciclo de Brancaneves e os ananiños e nós, os maiores, de personaxes de Alicia no país das Marabillas. Unha vez no Concello todos cantamos as nosas cancións e de volta ao cole, outra vez!!!  Pero, con tanto cantar, entrounos fame e merendamos, filloas, orellas, chulas, ... Que ben o pasamos! Podedes ver algunhas fotos e vídeos que fixeron as profes.


            


Estamos feitos uns artistas!!!!!!



lunes, febrero 11, 2013

O MUNDO É GRANDE...

   O día 30 de xaneiro celebramos o día da Non Violencia e da Paz no que todos xuntos cantamos dúas cancións: One day de e O mundo é grande de Mamá Cabra. O vídeo da primeira gustounos moito así que aquí o tendes!! Ademais está subtitulado en castelán
                     

                       

     Unha vez traballadas as cancións, estivemos reflexionando acerca da paz e do seu significado, dos dereitos que temos pero tamén das nosas obrigas... Desde o equipo de dinamización propuxéronnos tratar de responder a unha pregunta: "Como protexer a paz?" Esta tarefa non resultou tan fácil pero ao final todos conseguimos chegar a unhas conclusións que deixamos plasmadas na entrada do cole. Mirade, mirade...

                  

      Dende o Bibliocastelo Papirus tamén nos encomendou tratar de resolver os conflictos dos contos dun xeito pacífico. Este é o resultado.


     Ese día, unha vez no patio todos xuntos, ...

           

      Todos os rapaces e rapazas do cole tiñan uns representantes que saíron a falar ao micrófono e dicir como protexemos nós a paz. 



1º ciclo

2º ciclo- 3ºcurso

2º ciclo- 4º curso

3º ciclo