domingo, abril 14, 2013
lunes, marzo 25, 2013
ALMORZOS SAUDABLES
Durantes dúas sesións, martes e venres, os rapaces e rapazas de 5º e 6º tivemos unha actividade chamada "Almorzos saudables". Como indica o seu nome, a parte de almorzar todos xuntos, estivemos atentos ás charlas que nos ofreceron sobre os alimentos: a importancia de almorzar ben e correctamente, incluíndo alimentos de tres tipos (lácteos, froitas, ...) e tamén a periodicidade de consumo de determinados alimentos.
Probamos dous almorzos: o mediterráneo e o inglés. No primeiro, comemos pan con xamón serrano, tomate e aceite, unha mandarina e leite; no segundo, ovos revoltos con xamón cocido, unha pera e leite.
Tamén nos quedou clara a importancia de lavar ben os dentes e a lingua!!!
jueves, marzo 14, 2013
RECITANDO A ROSALÍA
Os mozos e mozas de 6º tamén lle renderon a súa particular homenaxe a Rosalía.
Os de 6º A recitaron: “Cantarte hei, Galicia” e os de 6º B, “Airiños, airiños, aires, airiños da miña terra”.
RECITANDO A ROSALÍA
O 24 de febreiro, coincidindo coa data de nacemento de Rosalía de Castro, celebrouse o cento cincuenta aniversario da publicación de Cantares Gallegos. O cole quixo ofrecerlle unha homenaxe aprendendo algúns dos seus poemas. Podedes atopar os vídeos doutras clases a través dos blogues ou en youtube.
Aquí vos deixamos o poema de "San Antonio bendito".
martes, marzo 12, 2013
lunes, marzo 11, 2013
sábado, marzo 09, 2013
8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
8 de marzo, DÍA
INTERNACIONAL DA MULLER
Onte, asistimos á entrega
dos premios do Concurso de Carteis que convoca o Concello de Bueu para celebrar
o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
O acto estivo presidido polo
Sr. Alcalde, D. Félix Juncal, que nos falou da importancia de fomentar valores
como a igualdade de oportunidades que nos permitan construír entre todos unha
sociedade máis xusta.
Catro alumnas do 3º ciclo da
nosa escola recibiron senllas mencións especiais polos traballos cos que
participaron. Velaquí están.:
MARÍA BROCOS JUNCAL-5º A, ICÍA ESCRIBANO CABALEIRO-5º B, ISAURA FRAMIL
DE AMORÍN-6º B e MARTA NOGUEIRA PASTORIZA-6º B.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)