PARABÉNS, PAPIRUS!!!!
O
venres, 25 de outubro estivemos de celebración: Papirus estaba de aniversario!
Ao
longo da mañá, Luisa reuniunos na sala polivalente, porque tiña unha mensaxe
para nós. Tratábase dunha carta de Papirus na que nos contaba unha chea de
novidades relacionadas coas súas vacacións de verán e, polo que puidemos
comprobar, estas foron do máis movidas!Amosounos esta magnífica montaxe da súa historia e de como chegou ao Bibliocastelo.
Contounos que coñeceu uns novos amiguiños no Colexio O Carballal, en Marín. Son as mascotas da biblioteca desa escola; Onza e Tambo, dúas simpáticas tartarugas, e Catro Ollos, un choco chosco que ensina idiomas aos arroaces e demais animais mariños.
Alí, tamén coñeceu a Víctor, o mestre de música que lle fixo ao noso amigo un agasallo moi moi especial: A SÚA PROPIA CANCIÓN!
Xa a
sabemos todos!
Ademais,
adiantounos que estivo a traballar nun novo proxecto para este curso, centrado
nos cómics. Foi por isto, que coñeceu a outro artista, Miguel Trassierra Lois
(Trassiwolf), debuxante que lle regalou unha historieta protagonizada por
Papirus e os seus amigos: a Lontra, a vieira Cocorola, Onza, Tambo e Catro
Ollos.
MOI FELIZ ANIVERSARIO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario