Menudo Samaín!

Desta volta, a nosa
escola converteuse no Castelo do pesadelo. Grandes e pequenos, relatamos os
máis terribles pesadelos que puidemos ter soñado!
Velaí van os que
escribimos nas clases de 3º ciclo:
O PESADELO de 5º A
Eran
as oito do serán, a noite estaba pecha, chovía a mares, a auga petaba nos
cristais, o vento zoaba con forza. Lóstregos e tronos anunciaban unha noite de cans.
Eu
estaba na casa, non había máis ninguén. Descansaba no sofá agochado baixo as
mantas, mentres vía unha película.
De
súpeto, un ruído inesperado sobresaltoume. Era o timbre!
Os
meus pais advertíranme de que non lle abrise a ninguén. Non lle chegaba á mira.
Dubidei... Decidín asomarme á ventá. A rúa estaba deserta. A chuvia brillaba
baixo a luz do farol.Foi entón, cando vin unha sombra que parecía achegarse á
miña porta.
Corrín
a pola chave, collina do moble da entrada. As miñas mans tremían, incapaces de
atinar co ollo da pechadura. Era
incontrolable, non podía respirar, suaba, as bágoas esvaraban pola miña cara, o
meu corazón palpitaba.
A
porta empezou a abrirse. Empurrei con todas as miñas forzas mentres berraba
entre saloucos:
-Nooon!
Milagrosamente,
entre os meus alaridos, puiden distinguir a voz do meu pai que me dicía:
-Abre, fillo, son Papá!
O
PESADELO de 5º B
Aquel venres, eu quedara con Breogán para
ir durmir á súa casa. Xa case era noite, os meus pais estaban a traballar,
caían chuzos de punta e eu non tiña paraugas.

Entón, os ouveos dun can fixeron que
deixase de pensar con claridade. Sentíao detrás de min. Canto máis trataba de
apurar, máis preto o percibía. A suor e a chuvia enchoupaban a miña roupa,
podía oír os latexos do meu corazón golpeando o meu cerebro coma baquetas
contra un tambor.
As miñas pernas non respondían, xa notaba
as súas fauces a piques de devorarme, cando, de repente, unha voz coñecida me
dixo:
-Para,
que son eu!
O PESADELO DE 6ºA

O PESADELO DE
6ºB
Era unha mañá de treboada. As nubes
cubrían o ceo e, no cole, estabamos facendo o exame mais difícil do curso. A
profe estaba moi rara... De repente, a súa pel cambiou de cor, babeaba sangue e
so balbuceaba a palabra CEREBRO e iso que non era clase de coñe. Asustados,
chamamos á directora que tamen tiña os mesmos síntomas ca profe Cris. Tratamos
de disimular e conseguimos escapar da aula pedindo para ir ao baño. Xuntámonos
e decidimos ir ao ximnasia. Polas escaleiras, aparecían brazos, pernas,
ollos... Estabamos ao borde dun ataque de pánico... Onde estaban os demais
rapaces? E os profes? Dende conserxería, chamamos a policía pero daba
comunicando. Escoitamos ruídos na sala de profes e fomos ver, iso si, todos ben
xuntiños. Era unha trampa, nun segundo estamos rodeados de zombis! Non había
escapatoria! Quérennos morder... Que alguén nos axude! Cando despertamos, Bueu
xa non era Bueu...
No hay comentarios:
Publicar un comentario